sábado, 12 de febrero de 2011

Excursión 4º ESO

O día 10 de febreiro, os alumnos de 4º de Eso do colexio Artai, disfrutamos de unha mañá de excursión, que consistiu en dúas partes:

1.     Visitamos á industria conserveira "Cerdeimar", en Camariñas.





2. Como segunda parte e para concluír a excursión fomos a Cabo Vilán.




Á nosa chegada ás industrias Cerdeimar, tivemos que poñer unha especie de patucos de plástico azuis antes de comezar a percorrer as instalacións; para iso contamos coa axuda da nosa guía Mari Luz, que nos explicou todo detalladamente e aclarou todas as nosas dudas.
Fomos vendo cada paso que se segue na conserveira desde que o peixe fresco chega ata que parte con destino aos lugares de venda. 
Poidemos observar como o primeiro que facían era conxelar o peixe para que despois, á hora de cortalo (con máquinas específicas) non se rompese. Estas primeiras tarefas levábanas a cabo os homes, e logo, entraban a formar parte as mulleres, que se encargaban de limpar o peixe, primeiro pola parte de fóra, e logo separándoos en catro toros. Tamén poidemos ver dúas maneiras de envasar o alimento, unha delas era o envasado ó vacío e outra a maneira más corrente e a que todos solemos empregar, en latas, das cales o tamaño era variable. 






Todos os procesos eran diferentes e específicos, Mari Luz tamén nos explicou que ese mesmo día só traballaban o atún, pero que tamén estaban enlatando as sardiñas. 
Outro dos procesos, e un dos máis importantes, é a esterilización do producto, que se leva a cabo en unhas grandes olas onde se ferve para eliminar calquera substacia perxudicial. 
Tamén nos ensinou como se desmenuzaba o atún para obter a ventresca, e abriu algunhas latas para poder velo mellor. 
Chegando ao remate da visita, vimos como se enlataban e metían en caixas os productos xa rematados.


Para acabar, pasamos pola cámara frigorífica e entramos ao almacén en donde nos deron a cada un de nós un paquetiño con tres latas de atún.




A excursión concluiu coa visita a Cabo Vilán,  alí visitamos o museo, que na miña opinión era moi interesante, e subimos ao alto dende donde se podía ver perfectamente o faro, tamén sacamos varias fotos. De volta pasamos pola piscifactoría de rodabaios máis grande de toda Europa.



Para min foi unha gran excursión, aprendemos moitas cousas e ao mesmo tempo divertímonos.





1 comentario: