jueves, 3 de marzo de 2011

Unha gran viaxe.

A excursión que os alumnos de 4º de ESO fixemos a Madrid dende o día 25 de febreiro ata o primeiro día de marzo, en xeral, estivo moi ben, pódese dicir que todos o pasamos estupendamente, aínda que tamén houbo pequenos detalles que a algúns gustaron menos. Fíxosenos bastante curta, a pesar do cansancio acumulado, creo a todos nos gustaría continuar a estancia na capital española ou ao menos repetila; xa que unha ocasión como esta, en que viaxemos todos xuntos e compartamos este tipo de experiencias, que dende logo son inolvidables, non se volverá repetir.

En canto ás mellores cousas ou os momentos que máis nos gustaron, creo que todos estaríamos de acordo en que o Parque de Atraccións foi unha das cousas máis divertidas, non todos nos animamos a subir en todas as atraccións, xa que algunhas verdadeiramente impoñían bastante, pero pasámolo moi ben todos. Persoalmente, a min tamén me gustaron moito tanto o zoo como Faunia, sobre todo os espectáculos que poidemos disfrutar, moi simpáticos, sobre todo o de Faunia, coa presencia de Kissy. 




Outro moi bo momento a destacar foi a primeira noite da bolera, non fomos todos, xa que catro quedaron no hotel, pero a verdade e que eu, paseino estupendamente, era a primeira vez que pisaba unha bolera, e a experiencia foi moi grata.
Toledo tamén foi unha das visitas que máis me gustou, non estivemos todos xuntos pero houbo unha serie de anécdotas moi graciosas.




Pola miña parte, non podo dicir que houbera cousas peores, pero algunhas cousas que nos gustaron menos sí. Por exemplo, en xeral, non nos gustaron moito nin as cenas do hotel nin a comida do zoo; os almorzos e o resto da comida foron para todos agradables.
O museo de cera a min persoalmente, foi a visita que menos me gustou, estábamos xa bastante cansados do percorrido de todo o día, xa que fora o dia máis agotador, e as figuras non me gustaron bastante como estaban feitas.




Outra parte que tamén se fixo bastante pesada foi o paseo ao longo de toda a Castellana, acabábamos de rematar a comida no Hardrock, estábamos todos bastante fartos e o camino fíxose bastante longo.

A convivencia foi verdadeiramente boa, todos nos levamos ben, fomos felicitados polo comportamento e pasámolo moi pero que moi ben todos xuntos, dende logo, unha experiencia inesquecible.




Gracias a todos, aos compañeiros, a Joaquín, a Chelo, e ao colexio por brindarnos esta gran oportunidade.











No hay comentarios:

Publicar un comentario