martes, 14 de diciembre de 2010

Actividade 6.

EMPRESAS DE TIEMPO LIBRE

1.Descrición da actividade.
           
             Este tipo de empresas, á nivel da Costa da Morte, de entrada non tería moita viabilidade, xa que  non se traballaría fóra dos meses de temporada(xuño e outubro) . Pola razón anterior, optouse por unha empresa hibrida que combina en certa medida actividades de tempo libre, de turismo cultural, activo e náutico.
            O caracter hibrido deste tipo de empresa obriga a ter especial coidado coa normativa aplicable a mesma dado que abarca actividades moi diversas.







2.      Características básicas da empresa.

             Persoal:

Existe un elevado grao de voluntariado, e o número de empregados que se precisa non é determinado; pero sí se sabe que o número de profesionais descontinuos vinculados á empresa é relativamente elevado.
Neste tipo de empresas suelen traballar dous monitores fixos, que adoitan ser dous emprendedores ou un emprendedor e un monitor contratado.  Naqueles casos en que os empregos existentes son permanentes o longo de todo o ano atopámonos cunha actividade empresarial adicional que estende a rendibilidade do negocio a aqueles meses nos que as actividades de tempo libre son moi puntuais.

        Investimento:















O presuposto estimado incorpora xa os custos de adquisición da maquinaria necesaria para o desenvolvemento das diferentes actividades. A actividade require un pequeno local para
almacenaxe e oficinas que se supón alugado.
                                                          

3.      ¿Cómo é o mercado dese negocio nesta zona?

O modelo empresarial definido non existe nun estado puro na Costa da Morte a día de
hoxe. Existen tres empresas hibridas que ofertan unha gama de servicios que as fai dificilmente
catalogables (actividades náuticas, culturais, deportivas, ...)



4.      Tipos e características dos clientes.

                      Os clientes potencias en este caso serían agrupacións dedicadas a satisfacer ás necesidades relacionadas coa diversión  e o tempo libre. Estes grupos de persoas serían por exemplo: concellos, asociacións (APAS, asociacións xuvenís), centros cívicos e sociais…Tamén grupos de nenos de baixa ou mediana idade, no caso dos campamentos; e tamén se pode ofrecer de unha forma directa mediante á publicidade ao público.


5.      Empresas competidoras.

                        Na Costa da Morte non existe na actualidade ningunha empresa de tempo libre.
Existen tres empresas situadas nos concellos de Fisterra, Carnota e Cabana, que ofertan servicios similares e que poden considerarse  competidoras. Ditas empresas teñen tamén un carácter híbrido pola variedade das actividades ofertadas (náuticas, culturais, turismo activo, tempo libre...). En este caso na Costa da Morte existiría unha excasa competencia, polo que sería bo para o negocio e para que as súas ideas chegaran a ser viables.

6.      Características dos proveedores.

                  Os proveedores variarán en función das actividades que se leven a cabo. En xeneral, ao ser actividades relacionadas co medio ambiente e o deporte, os materiales utilizados serán de tipo
deportivo: equipos de montaña, tendas de campaña, bicis, cascos e protectores para bicicletas,
juegos, pelotas, balons, etc.
Ademais, se necesitarán todo tipo de materiais para o desarrollo das actividades realizadas por
medio dos talleres.
Tamén sería conveniente, contar sobre todo con empresas de alquiler de material deportivo, empresas de transporte e empresas de catering entre moitas outras.





                        7.  Situación actual e perspectivas de futuro dese sector

Entre as amenazas coas que nos podemos encontrar en este negocio poden estar:

·         Dependencia da climatoloxía, e que esta acompañe todos os días, o cal é o moi complicado.
·         Un alto número de productos polos cales se poden sustituír estas actividades.
·         O bo estado e que non exista contaminación nos lugares nos que se vaian a levar a cabo as actividades propostas.

                   No campo das oportunidades atopamos:

·         Que os centros educativos se interesen por este tipo de actividades (o cal é moi común) e o contraten como forma de actividade extraescolar.
·         A continua inclusión de actividades de tempo libre en plans públicos.


                    Dentro dos puntos fortes cabe destacar:

·         A inversión inicial é relativamente baixa, non supón unha inversión enorme.
·         En este caso, a localización da empresa non tería unha importancia irreversible.
·         Actualmente existe unha gran cantidade e variedade de persoas especializadas en este tipo de actividades.

En canto aos puntos febles, podemosnos encontrar con:

·         As carencias na xestión empresarial.
·         Unha ausencia de normativa específica á que limitarse.



8.      Márketing.

-          Campamentos de verán, nos cales se inclúe a acampada ao aire libre, de diferente duración.
-          Actividades relacionadas coa auga, como poden ser a vela, o piragüismo...
-          Actividades para coñecer o contorno e a natureza.
-          Actividades de montaña, as cales requiren certas calidades físicas, como poden ser a escalada, o trecking, o descenso...
-          Talleres de manualidades, como por exemplo o traballo co barro, co coiro, a costura, a pintura..
-          Excursións de carácter cultural.


En este caso, para poñer os prezos, terase en conta a actividade a realizar, xa que os equipos que se precisen terán diferentes custos, e tamén a duración de dita actividade, que pode ser de moi diferentes amplitudes.

Para darse a coñecer, empregarase a xornal, a radio local, internet, e sobre todo o relacionado con carteis e demais.


9.      Instalacións.

En este determinado tipo de actividades, o máis normal, pero tamén difícil de conseguir, sería un terreo moi extenso, donde se poideran realizar actividades que concentraran a grandes grupos de persoas, e que ao mesmo tempo estivese rodeado de natureza e preto dunha praia ou de un río con un cauce considerable para poder realizar o piragüismo ou a vela. Tamén se poderían incluír desplazamentos a lugares de montaña, xa que sería mais difícil poder atopar todas estas condicións xuntas.








10.      Gastos anuais da actividade.


























11.      Previsión de ingresos anuais.

-          Campamentos de verán:


-          Talleres de xogo ao aire libre:



-          Excursións guiadas:

                        -Aluguer equipo náutico:


12.      Resultado bruto da explotación.
                 
                  - Ingresos :18.519,00€ 
                        - Gastos: 11.266,80€ 
              
               = 7.252,2€ de beneficio bruto anual.


                     
13.      Financiamento.

Para o inicio da actividade, o financiamente sería básicamente propio, sen recibir ningún tipo de axuda, pero a partir do desenvolvemento da actividade poderíanse solicitar algún tipo de axuda a institucións(públicas ou privadas), ou algún préstamo.


14.  ¿Qué formación deben ter os empregados?

Os traballadores precisarán ter unha titulación en este campo, xa sexa de monitor ou especializado en algunha das actividades a impartir; tamén axudaría ter experiencia con nenos e algunha experiencia laboral anterior en campamentos ou enseñanza de actividades ao aire libre. Axudaría unha personalidade extrovertida e amable.


15.  ¿Onde podes conseguir axudas para este negocio?

As axudas poderíanse conseguir mediante subvencións que a Xunta de Galicia proporciona a este tipo de actividades, ou solicitalas á algunha outra institución, xa sexa pública ou privada; tamén mediante un préstamo ou un microcrédito.

16.  ¿En que centro educativo poderías formarte para esta profesión?

Alguns dos centros para formarse en este campo serían:

                  - FOREM (Fundación Formación y Empleo).
                  - IFES (Instituto de Formación y Estudios Sociales).
                  - FORGA (Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia.

                          

1 comentario:

  1. Ben, antes de nada. Fagoche a mesma pregunta que ós dous Carlos, así que miraa e despois xa escribirás. Segundo, a formación dos empregados hai que matizala, hai que indicar onde se poden cursar eses estudios.

    ResponderEliminar