domingo, 19 de diciembre de 2010

A gran pregunta.

Lara Periscal Taibo: colono de Bélxica.

Hoxe, atopándonos no ano 1885 chegamos por fin ao Congo, despois dunha longa viaxe dende Bélxica. A travesía tivo unha duración de varias semanas, polas que pasamos por unas condicións duras, xa que os mellores camarotes eran para os xefes da expedición, e non para nós, os soldados; tivemos que realizar tamén un longo percorrido de varios días a pé, o camiño foi agotador para todos e cada un de nós, xa que as temperaturas facían o doble de duro e intenso o percorrido, aquí as temperaturas son moi diferentes ás de Bélxica, o sol pica dende o amencer ata moi entrado o anoitecer, e as noites seguen sendo calurosas, dende que chegamos non caiu nin unha soa gota de auga.




 No lugar ao que chegamos as condicións son deplorables, para os habitantes de este país non existe a vestimenta nin outro tipo de calzado, nin sequera un mísero taparrabos, tampouco levan nada nos pés, van descalzos incluso por riba das pedras máis grandes e puntiagudas.
Parecen estar totalmente asalvaxados, precisaríanse anos e anos para conseguir civilizar a xente semellante a esta; compórtanse como animais.
Sorprendiunos o feito do seu canibalismo, o feito de que escaseen tanto os froitos, os animais para poder comer e a poboación sexa tan densa é a causa de este feito. Matan para comer principalmente ás mulleres e aos nenos, xa que os homes son máis fortes e robustos e precisanse mutuamente para realizar traballos e para poder transportar dende outros lugares os troncos máis pesados.


O primeiro que fixemos nada máis cegar, despois de montar o campamento, foi levar ás mulleres e aos nenos ao noso campamento, seguindo as ordes dos dirixentes.  Todos os homes se resistían a acompañarnos e tivémolo que facer pola forza, apresámolos a todos xuntos para que non escapasen e poder realizar o noso traballo sen percances, os xefes queren rematar o antes posible e conseguir os seus propósitos, pero creo que nos levará moito tempo atopar todo o que buscamos. Non podemos falar con eles, xa que aínda que o intentásemos, deben falar un dialecto ou algo parecido, e non nos entenderiamos con eles, ademais, é mellor realizar a busca sen que sospeiten nada e sen darlles explicacións.
Hoxe fomos en busca de outras tribus veciñas, para ver se atopabamos algo novo, pero ter que apresalos a eles tamén significaría perdermos máis tempo e non nos podemos permitir ese luxo.
Temos a certeza de que non intentaran nada contra nos, os seus medios non serían suficiente en comparación coas nosas armas, só dispoñen de pedras ou lanzas e outras armas fabricadas por eles que non supoñerían nada para nos.

Finalmente, conseguimos que os habitantes da colonia traballasen para nós, e temolos baixo o noso mando, atopamos o que queriamos, xa temos no noso poder o caucho, os rubies e o marfil que precisabamos, e a existencia de esta colonia está proporcionandonos grandes beneficios a todos os belgas, os soldados estamos moi satisfeitos co traballo que realizamos a pesar do duro que foi.

1 comentario:

  1. Moi ben a redacción; das que levo lidas, ti es a primeira que non é unha nativa. Ben, moi ben

    ResponderEliminar